Escoitar
Poderá facerse a través de internet no mes de agosto

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo abre o prazo de preinscrición para o curso 2010-2011

A Escola vén de realizar a convocatoria de preinscrición para alumnado de novo ingreso no curso 2010-2011. Iniciarase o prazo o vindeiro día 31 de xullo ata o 15 de setembro exclusivamente a través de internet, accedendo ao formulario de solicitude on line colgado da páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org. Ofértanse 365 prazas de novo ingreso, en cursos de mañá e tarde.

xoves, 29 xul 2010
1280406376oficios.jpg
As persoas que o desexen poderán tamén facer a súa preinscrición presencialmente nas oficinas da EMAO situadas na rúa de Garcia barbón, entre os días 1 e 15 de setembro, xa que o Centro permanece pechado en agosto.

Para este curso as especialidades clásicas da Escola: Pintura, Escultura, Debuxo, Moda e Confección, Encaixe de Palillos, Ourivería, Artesanía en coiro, Construcción artesanal de Instrumentos musicais tradicionais (Zanfona, Gaita e Luthería antiga), Encadernación, Cerámica, Serigrafía, ofertan novos cursos de iniciación en artes plásticas e oficios artísticos dirixidos a todas aquelas persoas que desexen ter unha ampla formación que se desenvolve, segundo as especialidades, en dous ou tres anos escolares.

A formación, ademais da propia do traballo en obradoiro, complétase con materias complementarias asociadas a cada especialidade, como debuxo, volume e modelado, historia da especialidade, gravado, historia da música, análise e medida ou deseño gráfico que completan o curriculum a desenvolver polo alumnado.

O curso 2010-2011 representa a consolidación do Plan de Normalización Curricular (PNC) posto en marcha no curso 2008-2009, un plan encamiñado a sentar as bases do futuro desta Escola dentro do escenario dunha ensinanza libre, de actividade non regrada. Dentro do PNC desenvólvese un plan experimental nalgunhas especialidades que baixo a denominación de pre-profesionais, supoñen unha maior intensidade cunha carga lectiva dun mínimo de 10 horas troncais semanais durante dous anos (Cerámica, Encadernación, Serigrafía, Construcción de Instrumentos Munsicais Tradicionais).

No resto das especialidades, cunha carga lectiva troncal de 5 horas semanais, a duración é de tres cursos de duración anual. Como novidade para o curso 2010-2011 convócanse de novo cursos de iniciación tamén en horario matutino.
Descargar todas as imaxes

Máis información