mércores, 28 xullo 2010

O Concello formalizará ante o Goberno de España o proxecto para converter a Vigo en cidade piloto do coche eléctrico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores unha entrevista co Grupo Etra, empresa que ofrece a instalación nas comunidades de propietarios de "enchufes intelixentes" para a recarga dos vehículos eléctricos. O Concello pecha así o círculo de entrevistas para o proxecto de converter a Vigo en cidade piloto na materia, e está en disposición de formalizar ante Industria esta opción, indicou o socialista.

Caballero avanza que a celebración do Bicentenario podería incluir a proxección de filmes de Vigo inéditos

mércores, 28 xul 2010

O alcalde entrevistouse este mércores coa nova diretiva do Instituto de Estudios Vigueses, cos que abordou a súa futura ubicación e estudaron conxuntamente a posibilidade de incorporar aos festexos de Bicentenario a mostra de distintos filmes inéditos antigos que amosan a cidade de Vigo. Un deles, que data de 1927, terá que ser restaurado en Madrid. Caballero fixou novembro como obxectivo para as representacións.

Santi Domínguez destacou o carácter innovador da Coral Casablana "para atraer a novos públicos"

mércores, 28 xul 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou onte martes o grande esforzo que está a realizar a Coral Casablanca, para achegarse a novos públicos, con espectáculos diferentes e actuais e que poderá comprobarse o próximo día 30 de xullo no auditorio de Castrelos (22:30 horas). A coral presentará nese concerto o programa "Belle Pop", no que fará un percorrido por algunas das cancións máis coñecidas do pop español en versión sinfónico-vocais.