Escoitar

O Pleno insta á Xunta de Galicia a mellorar o sistema galego público de servizos sociais

A proposta do BNG, o goberno municipal aprobou coa oposición do PP unha moción para pedir ao executivo autonómico melloras como a implantación da Tarxeta Social Galega, a elaboración dunha lei galega de inclusión social ou a revisión urxente da regulación da renda de integración social, entre outras. O Pleno tamén aprobou solicitar da Xunta o mantemento da educación permanente de adultos.

luns, 26 xul 2010
1280150576bng.jpg
O Pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe luns, coa oposición do PP, instar á Xunta de Galicia a mellorar o sistema galego público de servizos sociais e a manter a educación permanente de adultos nos centros nos que ven funcionando.

O BNG, impulsor de ambas iniciativas, e o PSdeG votaron a prol das dúas propostas para sacalas adiante. No primeiro caso, o acordo solicita instar á Xunta de Galicia a que poña en marcha o desenvolvemento pleno da Lei de servizos sociais de Galiza, en vigor dende o 18 de marzo de 2009, na que se definen os servizos sociais como un sistema público; e instar tamén a que concrete o citado desenvolvemento nos seguintes aspectos:
1.- Implantación da Tarxeta Social Galega coa posta en marcha do Expediente social básico.
2.- Posta en marcha do Catálogo de servizos sociais.
3.- Revisión urxente da regulación da renda de integración social de Galiza.
4.- Elaboración da lei Galega de inclusión social.
5.-Consolidación da rede de oficinas comarcais de servizos específicos.
6.-Consolidación da xestión pública dos centros de atención xerontolóxica.
7. -Constitución inmediata dos órganos de participación recollidos na lei, nomeadamente o Consello Galego de Benestar Social e a Mesa Galega de Servizos Sociais.

Na segunda das mocións, o acordo adoptado polo Pleno de Vigo permite ao Concello solicitar á Xunta a manter a Educación Permanente de Adultos en todos os centros de ensino público da cidade de Vigo nos que ven funcionando actualmente.
Descargar todas as imaxes