A Corporación modifica o Plan Especial de San Roque e debate sobre a ubicación do albergue
A modificación do PERI da San Roque, que afeta á parcela municipal proposta para a edificación dun albergue en Ribadavia, xerou un debate plenario entre os tres grupos políticos sobre a ubicación definitiva do centro de inclusión social que prevé construir o Concello. Por outra banda, o Pleno validou unha modificación de crédito para que Educación invista 244.000 euros máis en melloras en dez centros educativos de Vigo.
O Pleno da Corporación Municipal deu hoxe luns luz verde á modificación do Plan Especial de San Roque, que inclúe a parcela municipal proposta para a construcción dun albergue en Ribadavia, o que provocou o debate político sobre o mesmo.
O Partido Popular denunciou que o alcalde públicamente respalda ubicar o centro en Ribadavia pero aos afectados lles transmite o contrario, o BNG defende que Ribadavia é a única opción posible a curto prazo namentres a Xunta non abre a Gota de Leite para os sen teito (edificio habilitado ao efecto polo anterior goberno galego), e o PSdeG pediu á Xunta a apertura provisional da Gota de Leite e a definitiva ubicación no Berbés.
Ao marxe do debate político, e segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, o punto aprobado hoxe polo Pleno contempla a incorporación do 20% de vivenda protexida no ámbito, o reaxuste do número total de vivendas para adaptalo á nova normativa e a modificación dun erro de edificabilidade na parcela pública.
Educación
O Pleno da Corporación aprobou tamén unha modificación de crédito extraordinario para investimentos no área de Educación, que repercutirá en distintas melloras para dez centros educativos de Vigo.
Segundo explicou a concelleira de Facenda, a socialista Raquel Díaz, os 244.000 euros servirán para que o Concello realice obras nos accesos e nos comedores escolares, pese a ser competencia autonómica.
Descargar todas as imaxes