Pleno da Corporación
O Pleno insta á Xunta a apoiar a permanencia da colección pictórica de Caixanova en Vigo
luns, 30 set 2013Todos os grupos políticos coincidiron esta mañá ao votar ao favor dunha moción socialista na que aboga porque as 5.500 obras da colección artística da desaparecida Caixanova teñan a súa sede en Vigo. O texto solicita ao presidente galego a pronuniciarse de forma "nítida e contundente"sobre a permanencia da colección na nosa cidade.
A unanimidade do Pleno coincide en solicitar a incorporación de Vigo á "Rede de cidades pola accesibilidade"
luns, 30 set 2013PSOE e BNG sumaron esta mañá os seus votos a unha moción do PP na que solicita a incorporación da cidade de Vigo na "Rede de cidades pola accesibilidade", unha estratexia para mellorar ha habitabilidade urbana e social. Outra das iniciativas populares aprobadas inata ao goberno local a implementar os mecanismos necesarios orientados a consolidar o turismo na cidade.
Todos os grupos apoian a anulación das sancións aos emigrantes retornados que non tributaron polas pensións do exterior
luns, 30 set 2013BNG e PSOE presentaron hoxe sendas mocións en apoio aos veciños e veciñas beneficiarias de pensións percibidas no estranxeiro afectadas pola reclamación da Axencia Estatal Tributaria. Os dous textos aprobados, que se debatiron e aprobaron por separado, contaron coa apoio do PP.
O Concello adicará 363.000 euros para a implantación en Peinador da baixo coste Volotea
luns, 9 set 2013O Pleno aprobou este luns a modificación de crédito levada polo goberno de Vigo para que a baixo coste Volotea se asente en Vigo desde 2014. A compañía operará o próximo ano conexións desde Peinador con Palma, Sevilla, Valencia e Ibiza, e sumará destinos en 2015 e 2016.
O Pleno acorda ubicar "Sereos" nun local permanente e co consenso de partidos e colectivos
luns, 9 set 2013Os tres grupos políticos con representación municipal aprobaron hoxe luns por unanimidad dotar a este programa municipal para persoas en exclusión social dun local permanente no prazo dun mes, consensuado entre os partidos e os colectivos afectados.
A Corporación reclama que a Xunta asuma a xestión de CEDRO e o integre no SERGAS
luns, 9 set 2013Socialistas e nacionalistas, coa oposición do PP, aprobaron hoxe luns unha moción que insta a Sanidade a asumir o coste da xestión de CEDRO -o Centro de Drogodependentes-, que ascende a 1,6 millóns dos que o Concello paga 1.073.000 euros. O acordo pide á Xunta que inicie a súa integración orgánica no SERGAS.