O goberno local valorará articular o pago fraccionado dos impostos durante todo o ano
A proposta foi formulada polo grupo do PP e aprobada por unanimidade, instando ao Concello a instaurar un plan personalizado de pagos para abonar todos os impostos e taxas municipais de forma fraccionada durante o ano. O goberno de Vigo anunciou que estudará a aplicación da proposta.
A moción foi apoiada por todos os concelleiros da Corporación e pensada para "facilitar todo o posible o cumprimento dos deberes fiscais" da cidadanía. A opción consistiría nun plan personalizado de pagos, agrupados nun único documento e posibilitando aboar a conta unha contía durante todo o ano, sen xuros, ata completar o pagamento.
Outra moción popular que obtivo o respaldo dos restantes grupos políticos require do goberno local a presentación dun plan de reestruturación do transporte urbano consensuado cos veciños, axentes socials e co aval dos técnicos municipais. O texto sae adiante o mesmo día da instauración dunha remodelación e mellora do servizo impulsada polo goberno de Vigo, que, a xuízo do PP, ten causado "malestar en diversas zonas da cidade".
A última proposta do PP tamén recabou o voto favorable da totalidade dos concelleiros da Corporación para instar ao Concello á presentación dun plan de mantemento, conservación e consolidación das infraestruturas deportivas municipais.