O Concello prorroga por cinco anos máis a cesión da Casa do Pescador como albergue
A Xunta de Goberno Local aceptou a prórroga de cinco anos da cesión da Casa do Pescador como albergue, un servizo ao que se adican anualmente 663.548 euros. Nesta mesma sesión tamén se adxudicou provisionalmente a xestión da Escola Municipal de Teatro, que conta con 150 alumnos.
Abel Caballero deu conta da aceptación da prórroga por cinco anos da Casa do Pescador como sede do albergue municipal. Deste xeito, dáselle continuidade ao acordo asinado por dous anos en 2011 entre o Concello e a Fundación Valeriola, presidida polo comandante de marina e da que forma parte o propio alcalde. O Centro de Inclusión Social recibe ao ano 663.000 euros das arcas municipais, lembrou o rexedor.
Outra das decisións acordadas na Xunta de Goberno desta mañá foi a adxudicación provisional da xestión da Escola Municipal de Teatro cun contrato anual, prorrogable por un exercicio máis. Este centro municipal conta con 150 alumnos, unha cifra que supera os 2.000 se sumamos os estudantes do resto dos centros municipais: Escola Municipal de Música, Escola Folk Tradicional, Escola de Danza e Escola de Artes e Oficios.
Por último, explicou Caballero, aprobouse o proceso de pago de bolsas aos beneficiarios do Proxecto Imos traballar II, do que forman parte 60 alumnos cursando 4 intinerarios formativos. O importe da partida é de 57.000 euros.
Descargar todas as imaxes