venres, 21 feb 2014
A Xerencia de Urbanismo deu conta da licencia concedida ao Consorcio do Casco Vello de Vigo para proceder ao derrubo parcial dunha edificación en Subida ao Castelo. O alcalde informou desta autorización, contemplando ademais a reestructuración do edificio para volver ao seu estado orixinal.
venres, 21 feb 2014
O alcalde informou hoxe venres do cese, a petición propia, de Erika Jaráiz, xerente da Mancomunidade de Vigo ata o momento que se incorpora a tempo completo na Universidade de Santiago como titular interina. Caballero adiantou que rubricará o nomeamento do novo encargado do ente supramunicipal a inicios da próxima semana.
venres, 21 feb 2014
En febreiro de 2012, O Concello de Vigo declarou o 24 de febreiro (data de nacemento de Rosalía de Castro) como Día de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data e así achegar a poeta, a súa obra e a relevancia que tivo co rexurdir das letras e co alingua galega vanse desenvolver en Vigo distintas actividades ao longo do vindeiro luns.