luns, 17 febreiro 2014

O alcalde coida "imprescindible" unha reunión co conselleiro para tratar o transporte metropolitano

O alcalde de Vigo enfatizou esta mañá a importancia de manter unha reunión bilateral co conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, para falar do transporte metropolitano. Co obxectivo de de buscar unha data, Caballero enviulle unha carta con opcións de datas concretas para esta semana ou a que vén porque "este tema merece un tratamento máis riguroso e serio".