O alcalde coida "imprescindible" unha reunión co conselleiro para tratar o transporte metropolitano
O alcalde de Vigo enfatizou esta mañá a importancia de manter unha reunión bilateral co conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, para falar do transporte metropolitano. Co obxectivo de de buscar unha data, Caballero enviulle unha carta con opcións de datas concretas para esta semana ou a que vén porque "este tema merece un tratamento máis riguroso e serio".
Abel Caballero envioulle unha carta solicitando un encontro ao conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, para falar do transporte metropolitano. Tal e como explicou en rolda de prensa, na misiva o alcalde lémbralle ao responsable autonómico que o transporte entre municipios é competencia exclusiva da Xunta. Neste punto, Caballero aludiu á lei Arsal que ven de aprobar o goberno Central e que impide a calquera concello financiar unha competencia que non lle corresponda por lei.
En todo caso, Caballero reiteroulle a Hernández a disposición do Concello de Vigo a asumir os 35.000 euros que, segundo o estudo da Xunta facilitado pola directora xeral de Mobilidade, lle correspondería achegar ao Concello de Vigo. Na opinión do rexedor, é "imprescindible" manter unha reunión bilateral entre alcalde e conselleiro para tratar con "rigurosidade e seriedade" o transporte da área metropolitana.
Descargar todas as imaxes