Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 21 feb 2014


PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 3


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 24 de FEBREIRO de 2014, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (Acta ordinaria do 8.01.2014 e extraordinaria do 23.01.2014).


- Intervención dunha representante do Consello Municipal da Muller, con motivo do 8 de marzo "Día Internacional da Muller". Expte. 845/1101.

2.- Declaracións institucionais.

2.1.- Declaración Institucional ao obxecto de que o Consello de Ministros conceda o indulto aos sindicalistas Carlos Rivas Martínez e Serafín Rodríguez Martínez. Expte. 848/1101.


3.- Ditames das comisións informativas:


XESTIÓN MUNICIPAL
3.1.- Proposta de aprobación da rectificación do Epígrafe I Vías Públicas do Inventario Municipal de Bens, referente ó Ramal I do Cño. Cean en Coruxo. Expte. 1136/244 (827/1101)

3.2.- Denominación de rúa. "Rúa Doutor Enrique Suárez Guntín". Expte. 14563/331 (840/1101)

3.3.- Denominación de praza. "Praza da Industria Conserveira". Expte. 14551/331 (841/1101)

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.4.- Dar conta do Informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións do Concello de Vigo correspondentes ao 4º trimestre de 2013. Expte. 7266/540 (839/1101


URBANISMO
3.5.- Proposta de desestimento do convenio urbanístico de Planeamento para a ordenación da parcela existente en Tomas Alonso nº 207 no lugar coñecido como Castro-Castriño (AOP-10). Expte. 7266/411 (832/1101).


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

4.1.- Proposta da Alcaldía para a interposición dun Conflito en defensa da Autonomía Local contra a Lei 27/2003, de 27 de decembro de 2013, de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local. Expte. 842/1101


5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal do BNG rexeitando a exclusión da atención sanitaria pública gratuíta das persoas que permanezan máis de 90 días fora do Estado nun ano natural ou non residentes no Estado español, RDL 16/2012. Expte. 833/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista, instando á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a ampliación do Conservatorio de grao medio de Música. Expte. 825/1101.

5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a realizar as modificacións orzamentarias necesarias para que o Consorcio do Casco Vello de Vigo poda investir o anunciado pola Delegada da Xunta de Galicia. Expte. 843/1101.

5.4.- Moción do Grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia e á Autoridade Portuaria de Vigo a ampliación do túnel de beiramar. Expte. 844/1101.


6.- Asuntos ou mocións urxentes.

6.1. Moción urxente do Grupo municipal do BNG, demandando o inicio dun proceso de reforma constitucional sobre o modelo de organización provincial e local do Estado español. Expte. 849/1101.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal unha nova forma de pago dos tributos municipais que permita aos cidadáns achegas fraccionadas durante o ano. Expte. 835/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a presentar un plan de reestruturación do transporte urbano, consensuado cos veciños, axentes sociais e avalado polos técnicos municipais. Expte. 836/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal un Plan de mantemento, conservación e consolidación das infraestruturas deportivas. Expte. 837/1101.


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E CATRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 20 de febreiro de 2011
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,



Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.