O goberno local autoriza o derrubo parcial dunha edificación no Casco Vello, conservando a fachada
A Xerencia de Urbanismo deu conta da licencia concedida ao Consorcio do Casco Vello de Vigo para proceder ao derrubo parcial dunha edificación en Subida ao Castelo. O alcalde informou desta autorización, contemplando ademais a reestructuración do edificio para volver ao seu estado orixinal.
O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo deste venres deu conta da concesión de tres licenzas de obra e quince de actividade para un investimento total próximo aos 300.000 euros, autorizacións entre as que Abel Caballero subliñou a concedida ao Consorcio do Casco Vello -participado pola Xunta de Galicia e o Concello de Vigo- para realizar obras de derruba parcial dunha edificación en Subida ao Castelo, no barrio histórico vigués.
O permiso da via libre ao derrubo de 300 metros cadrados de superficie e, tal e como explicou Caballero, a normativa considera como elementos a protexer tanto as fachadas de pedra como a carpintería de madeira. Entre as obras autorizadas contémplase a reestructuración do edificio para volver ao seu estado orixinal.