mércores, 26 febreiro 2014

Urbanismo informa favorablemente o proxecto da Autoridade Portuaria de acondicionar os silos

mércores, 26 feb 2014

Abel Caballero deu conta hoxe mércores do informe asinado pola concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, dando vía libre ao proxecto de acondicionar o espazo dos silos diseñado pola Autoridade Portuaria. O rexedor remarcou a trascendencia do cable na historia da cidade, lembrando que que a mediados do século XIX, mentres o resto de España se rexía pola hora solar, "en Vigo xa funcionábamos ao minuto".

O goberno local apoia a Marcha pola dignidade que discurrirá mañá xoves polas rúas de Vigo

mércores, 26 feb 2014

Abel Caballero trasladou hoxe mércores o apoio do goberno local á Marcha pola Dignidade que partirá mañá xoves desde Vía Norte ata a Porta do Sol as 19,30 horas. Logo de manter un encontro cos responsables das tres centrais sindicais, o alcalde explicou que "hai un gran clamor na rúa" pedindo saídas á crise distintas ás políticas que están enfocando o Goberno central e a Xunta de Galicia.