O goberno de Vigo rebaixa a 24,35 días o prazo medio de pago a proveedores
A tenente de alcalde, Camela Silva, deu conta do Pleno deste luns do informe de Tesourería correspondente ao cuarto trimestre do 2013, documento que fixa en 24,35 días de media o prazo de pago aos proveedores desde a presentación da factura. Na súa opinión, non hai concello en España que mellore o dato de Vigo e apuntou que o último dato mellora o do terceiro trimestre de 2013 que foi de 25,11 días.
A tenente de alcalde cualificou hoxe de "extraordinario" o prazo de 24,35 días que o goberno tarda de media en pagar aos proveedores, o que supón que cumpre con creces a lei de morosidade que fixa este prazo en 30 días como máximo. Esta axilidade no pago das facturas vai en "apoio da economía e do emprego local", e engadiu que "non hai concello en España que mellore os datos de Vigo. En concreto, detallo que no último trimestre de 2013 pagáronse 35 millóns de 2.078 facturas.
Silva comparou a media de pago viguesa coa doutras administracións públicas, como por exemplo o Goberno de España, que abona en 39 días, ou a Xunta de Galicia, que o fai en 35. A media das comunidades autónomas sitúase en 140 días e a dos municipios españois, en 118, mentres que o global de todas as administracións públicas sube aos 129 días.