Escoitar

A unanimidade do Pleno pide o indulto para os dous sindicalistas vigueses condenados

Todos os grupos políticos se uniron hoxe para pedir ao Consello de Ministros que conceda o indulto a Carlos Rivas Martínez e Serafín Rodríguez Martínez, condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete durante a folga de transporte de 2008. A unanimidade do Pleno aprobou unha declaración institucional que constata a solidariedade de todos os grupos con estes traballadores.

luns, 24 feb 2014
O Pleno do Concello aprobou por unanimidade unha declaración institucional que amosa a "solidariedade" de todos os grupos cos dous sindicalistas vigueses Carlos Rivas (UGT) e Serafín Rodríguez (CIG), condenados a tres anos de prisión por formar parte dun piquete durante a folga do transporte en 2008. A declaración institucional solicita o indulto ao Consello de Ministros e lembra que, en setenzas precedentes por casos similares, as persoas acusadas por delictos contra os dereitos dos traballadores -como o caso dos sindicalistas vigueses- acabaron sendo absoltos. O texto consensuado, que foi lido polo alcalde de Vigo, descata que non houbo denuncias de traballadores nin de empresas contra estas dúas persoas, poñendo de manifesto que un Xulgado de Vigo considerou que estas dúas persoas eran culpables dun delicto tipificado no artigo 315.3 do Código penal. Os dous sindicalistas foron condenados á pena máxima de tres anos de presión.