A Corporación reclama do Goberno de España a retirada do anteproxecto de lei do aborto
A iniciativa do PSOE e co apoio do BNG, o Pleno aprobou unha moción instando ao Goberno de España a "retirar inmediatamente e non continuar a tramitación" dun anteproxecto de lei que "provocou un enorme rexeitamento social" e suporía un "grave retroceso" nos dereitos das mulleres.
O acordo acadado polo Pleno, cos catorce votos de socialistas e nacionalistas e a abstención do PP, solicita a retirada do Anteproxecto de Lei Orgánica sobre saúde sexual, reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo que impulsa o Ministerio dirixido por Alberto Ruiz-Gallardón.
A moción indica que a normativa suporá de entrar en vigor "un grave retroceso de máis de trinta anos para a lexislación española neste ámbito e o incumprimento de compromisos internacionais en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e de liberdade das mulleres para decidir sobre a súa maternidade", ademais de xerar un "enorme rexeitamento social", incluíndo voces do PP. O goberno de Vigo entende que o anteproxecto elaborado polo Goberno de España "representaría un extraordinario retroceso normativo, social e ideolóxico" que "volvería situar ás mulleres españolas na clandestinidade".
Os nacionalistas engadiron á proposta socialista un requerimento á Xunta de Galicia para que demande do Estado que manteña e aplique a lei de 2010, que garanta a atención á demanda existente na rede pública galega, que asegure a obxectividade da información que facilita o goberno autonómico e que inicie unha campaña de formación e información sobre os métodos anticonceptivos. Igualmente demanda do Concello a realización dunha campaña institucional de divulgación da lei de 2010 e contraria ao anteproxecto elaborado.
Emprendedores
Coa unanimidade dos tres grupos políticos con representación municipal saíu adiante unha moción presentada polos socialistas contra as últimas medidas estatais para as pequenas e medianas empresas e os autónomos.
O Pleno instou ao Goberno de España a eliminar a suba da base mínima de cotización para os autónomos societarios e aqueles con máis de dez traballadores e a deixar sen efecto a supresiónnda exención de cotización á Seguridade Social de determinados conceptos retributivos, decisións que "perxudican directamente a PEMES, autónomos e á creación de emprego", segundo estipula o documento aprobado, que tamén solicita do Estado a adopción de "medidas de apoio ao traballo autónomo así como de fomento da cultura do emprendemento".
Como engádega ao texto incorporado polos nacionalistas, a Corporación reclama asemade da Xunta de Galicia que poña en práctica políticas activas de emprego, en particular sobre a mocidade e as mulleres, e que reclame do Estado unha reforma fiscal progresiva, que persiga a fraude fiscal e que non incremente as cargas sobre autónomos e pequenas empresas.