xoves, 30 xaneiro 2014

Caballero convoca a responsables políticos e axentes sociais de toda a área para analizar o mapa sanitario de Vigo

O alcalde de Vigo organizará o próximo mércores 5 de febreiro unha reunión con representantes políticos e axentes sociais de toda a área para falar do futuro do mapa sanitario de Vigo. Na súa opinión, é preciso buscar unha solución conxunta fronte a decisión da Xunta de derivar 300.000 pacienes cara á área de Santiago o que redundará na perda de especialidades de referencia.

Exposición ‘Unha máquina desexa instrucións como un xardín desexa disciplina’<br /> Últimos días para visitar esta mostra, que se clausura o 2 de febreiro

Este venres no MARCO proxección de Robinson in Ruins, de Patrick Keiller

xoves, 30 xan 2014

Este venres 31 de xaneiro,ás 19.30 h. o salón de actos del MARCO acollerá a proxección do filme Robinson in Ruins. Dirixida por Patrick Keiller, e coa voz de Vanessa Redgrave como narradora, a película documenta a viaxe dun personaxe de ficción polas terras do sur de Inglaterra. Patrick Keiller é un dos artistas participantes na exposición ‘Unha máquina desexa instrucións como un xardín desexa disciplina’, e a proxección da súa película marca tamén o fin desta mostra, que se clausura o domingo 2 de febreiro nas salas do 1º andar do MARCO. Serán pois os últimos días para visitar esta exposición, un proxecto comisariado por Catalina Lozano, gañadora da última edición do Premio para novos comisarios, e que tras a súa clausura en Vigo se exhibirá no FRAC Lorraine de Metz, Francia.