venres, 31 xan 2014
O alcalde de Vigo deu conta hoxe venres da posta en funcionamento dos colectores soterrados de Teófilo Llorente, unha vez suspendida a visita á zona debido ao temporal de choiva. Segundo explicou en rolda de prensa, os 206 colectores soterrados cos que conta a cidade están operativos ao 100%.
venres, 31 xan 2014
O Concello da quince días ás beneficiarias para formalizar as escrituras públicas das parcelas municipais subastadas para a construcción de 36 pisos protexidos na Praza Elíptica e outros 8 na rúa Zaragoza. O goberno local tamén iniciou o expediente para realoxar a unha familia desafiuzada dun piso en Pizarro.
venres, 31 xan 2014
O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, interviron este venres durante a xornada Enfermería's Baixas, organizada polo Colexio Oficial de Enfermeiros de Pontevedra. Os profesionais debatirán sobre os coidados da enfermería para o século XXI e as novas competencias e retos do sector.
venres, 31 xan 2014
O programa "A telón quitao" é un espazo aberto a creatividade no que os alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) mostran as súas propias creacións artísticas.A próxima representación terá lugar o vindeiro venres 31 de xaneiro no auditorio da Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), sito na rúa Poza Cabalo s/n, ás 18:30 horas. A entrada será libre ata completar o aforo.
venres, 31 xan 2014
Este sábado 1 de febreiro, o MARCO presenta unha nova proposta do ciclo ‘Material Memoria’ —programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES—, cunha performance da coreógrafa e creadora portuguesa Claudia Dias.Será ás 19.30 no Patio 1 (planta baixa)ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo
venres, 31 xan 2014
A Concellería de Cultura e Festas informa da apertura do prazo de solicitude para contar coa actuación de bandas de música populares e/ou agrupacións corais, a través dos convenios de colaboración existentes coa Federación de Bandas de Música e con ACOPOVI, respectivamente.<br />
<br />
<br />
venres, 31 xan 2014
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das FESTAS DE SAN BLAS EN BEMBRIVE, que se celebrará os vindeiros días 01, 02 e 03 de febreiro de 2014 permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Igrexa, Estrada de Bembrive entre as rúas Cruz e rotonda de Eifonso, Monte Calvario no cruce con Mandín, Espedras con Devesa. (BEMBRIVE) , con acceso exclusivo para garaxes.