Escoitar

O alcalde cualifica de "histórico" o apoio que recibiu o atletismo de Vigo no 2013

Durante o ano 2013, as arcas municipais destiñaron 450.000 euros a sufragar accións de potenciación do atletismo na cidade, segundo avanzou hoxe o alcalde quen esta tarde se reunirá con distintos clubs desta modalidade. Trátase, nas súas verbas, "da cifra máis alta da historia" para apoiar este deporte.

xoves, 30 xan 2014
O alcalde de Vigo repasará esta tarde de xoves as accións desenvolvidas polo Concello en apoio do atletismo durante un encontro con clubs e entidades da cidade. Concretamente, en 2013, o Concello adicou 450.000 euros a esta disciplina, "a cifra máis alta a historia", matizou o rexedor.

Tal e como degranou, o mantemento das pistas municipais de atletismo supuxo máis de 50.000 euros, unha cantidade á que sumamos outros 15.000 euros no equipamento e mellora das pistas de Balaídos. Tamén se deron 60.000 euros de subvencións directas a 10 clubs ademáis de destiñar 50.000 euros a apoiar 40 carreiras populares. As escolas deportivas de atletismo recibiron 5.500 euros e a reforma das pistas de Balaídos ascendeu a preto de 150.000 euros.