Escoitar

O alcalde subliña que o índice de satisfacción coa seguridade cidadá en Vigo acada o 98%

Así o salienta Caballero dun estudo elaborado polo Valedor do Cidadá, Luis Espada, sobre 2.000 enquisas realizadas na cidade. O índice de satisfacción vigués supera á de urbes como Barcelona, Madrid, Oviedo, Málaga, Munich, Estocolmo ou Zurich.

xoves, 30 xan 2014
1391086966valedpr.JPG
O alcalde e o Valedor presentaron o libro "Seguridade Cidadá. Aplicación ao municipio de Vigo e perspectiva comparada" xunto ao comisario xefe da Policía Nacional, Ángel González, ao inspector xefe da comisaría de Vigo, Emilio Fernández, e o máximo responsable da Policía Local, Francisco Martínez Muñoz.

A principal conclusión do estudo indica que o vigués manifesta en xeral un alto grao de satisfacción na seguridade cidadá na súa zona de residencia, cun porcentaxe de satisfeitos ou moi satisfeitos do 98% dos enquisados. O Valedor indicou que a media europea é do 75% segundo un estudo de 2012 e Vigo supera a cidades como Barcelona, Madrid, Oviedo, Málaga, Munich, Estocolmo ou Zurich, entre outras.

Os vigueses valoran positivamente a eficacia de todas as forzas de seguridade, tanto a Guardia Civil como as policías Local, Autonómica e Nacional. En temas relacionados con atención a vítimas e prestación de auxilio en caso de necesidade, o cidadán vigués acude como primeira opción á Policía Local. As causas xerais indicadas polos vigueses da delicuencia na cidade son a pobreza e a desigualdade social (55%), a dureza das penas (34%) e o desemprego (31%).

O traballo de Espada tamén incluíu un apartado para a evolución nos últimos 5 anos dos servizos públicos. A sensación casi unánime entre os participantes é que empeorou notablemente a sanidade pública, a educación pública, as pensións, a xustiza, as entidades bancarias e os servizos sociais asistenciais.
Descargar todas as imaxes