Escoitar

DENOMINACIÓN DUNHA RÚA EN VIGO A VENTURA GONZÁLEZ PRIETO

venres, 31 xan 2014
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 8 de xaneiro de 2014, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

"A concesión da denominación dunha rúa en Vigo co nome de Ventura González Prieto, correspondente ao tramo que vai dende a Travesía de Vigo nº 202 ata o Camiño Troncal nº 24, e a súa inclusión no rueiro do Concello de Vigo no seu caso".