Escoitar

Vigo acolle esta fin de semana os campionatos galegos de loitas olímpicas

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ven de presentar os campionatos Galegos de Loitas Olímpicas nas categorías júnior e a fase final da liga Galega de Loita na categoría escolar que terán lugar o sábado 25 de xaneiro de 10 a 14 horas , no pavillón municipal de Bouzas, e nos que están inscritos 150 deportistas.

venres, 24 xan 2014
1390558841loita.jpg
Manel Fernández lembrou que a tradición da loita olímpica en Galicia vai da man da cidade olívica, xa que tanto a sede da Federación Galega de Loita como os primeiros clubs deportivos de Galicia, teñen a súa sede oficial en Vigo, onde conviven 5 clubs de loita.

Os clubs vigueses contan con numerosos deportitas tanto masculinos como femininos que son os actuais campións de España dos seus grupos de idade, como son Alberto Bermejo e Dafne Acuña, ambos do Club Kuzushi de Vigo; Cristina Alves do Club Ciudad de Vigo e Begoña Álvarez do Club San Ignacio de Vigo.

Na rolda de prensa de presentación do campionato o concelleiro estivo acompañado de Etelvino Rodríguez do Club Kuzushi; María de los Ángeles Álvarez, do Club San Ignacio; José Manuel Pérez do Club Ciudad de Vigo e Pablo Pintos da Federación Galega de Loita.
Descargar todas as imaxes