Urbanismo da vía libre á construcción dunha urbanización en San Miguel de Oia
O alcalde deu conta da aprobación inicial do Plan Parcial de Senra que permitirá construir una urbanización de 80 chalés y 70 pisos en San Miguel de Oia. A promotora terá que ceder 4.200 m2 para zonas verdes e reservar o 40% da edificabilidade a vivendas de protección.
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde inicialmente ao Plan Parcial de Senra, que permitirá construir en San Miguel de Oia una urbanización de 80 chalés y 70 pisos. Tal e como explicou o rexedor, nestes momentos ábrese un periodo de exposición pública de 2 meses para elegacións e se suspenderán licenzas durante dous anos. Trátase dunha superficie de 40.516 m2 situados ao norte do Centro Cultural que limita ao oeste con Ricardo Mella, onde se construirá unha glorieta para reorganizar o tráfico.
Os promotores terán que ceder como dominio público 16.000 m2 situados situados na zona do ámbito máis próximo ao mar (ao outro lado de Ricardo Mella), así como 2.145 m2 para equipamento público e 4.200 m2 de zonas verdes. Se prevé a construcción de 80 vivendas adosadas e 75 pisos repartidos en tres bloques de tres alturas e, tal e como obriga o PXOM, o 40 por cento da edificabilidade será de protección, o que supón uns 70 pisos e 7 vivendas unifamiliares). Tamén haberá máis dun centenar de prazas de aparcamento público.
Outro dos asuntos que se aprobaron na Xerencia de Urbanismo foi a constitución das entidades de conservación en Canteira (zona avenida do Aeroporto) e Refrey (Bouzas). Segundo explicou o alcalde, estas entidades terán que seguir conservando as zonas verdes e espazos libres ainda que o Concello recepcionara as obras.
Tamén se deu conta da adaptación dos modelos da ordenanza de tramitación de licenzas urbanísticas á nova lei de emprendemento de Galicia que entrou en vigor o pasado mes de decembro. Caballero recordou que o Concello de Vigo é pioneiro na adaptación da ordenanza municipal a esta lei que simplifica os procedementos para a obtención dos permisos municipais. Deste xeito, elimínase a obrigación de obtención do permiso de apertura anterior ao inicio da actividade e simplifícase a regulación das licenzas de obra para os comercios -cunha superficie máxima de 500 m2- establecendo unha comunicación previa.
Por último, deuse conta da concesión de 23 licenzas de obra e 3 de actividade para un investimento de preto de medio millón de euros. Entre as licenzas de actividade outorgadas destaca a do museo MARCO.