Pleno da Corporación
O Pleno ratifica a concesión da Medalla da Cidade ao conxunto do sector naval de Vigo
venres, 21 mar 2014A Corporación validou hoxe venres a concesión da Medalla da Cidade ao conxunto do sector naval, "que representa o mellor da tradición obreira nesta cidade", dixo o rexedor. Na mesma sesión plenaria ratificáronse as sete persoas ou institucións que este ano serán Vigueses Distinguidos.
O goberno local valorará articular o pago fraccionado dos impostos durante todo o ano
luns, 24 feb 2014A proposta foi formulada polo grupo do PP e aprobada por unanimidade, instando ao Concello a instaurar un plan personalizado de pagos para abonar todos os impostos e taxas municipais de forma fraccionada durante o ano. O goberno de Vigo anunciou que estudará a aplicación da proposta.
O Concello pide á Xunta inversións no Casco Vello e ampliar o Conservatorio e o túnel de Beiramar
luns, 24 feb 2014Sendas mocións presentadas polo grupo socialista, aprobadas pola unanimidade da Corporación, reclaman do goberno autonómico a ampliación do Conservatorio de grao medio de música de Vigo e do túnel de Beiramar, comprometido pola Xunta en 2010. Ademais, o goberno local solicitoulles os 3,6 millóns anunciados para rehabilitar a fachada do Berbés.
PSOE e BNG avalan a presentación dun conflito en defensa da autonomía local
luns, 24 feb 2014O alcalde foi facultado no Pleno desta mañá para iniciar os trámites que permitan ao Concello de Vigo interpoñer un conflito de defensa da autonomía local contra a lei 27/2013, de 27 de decembro de 2013. Os votos de PSOE e BNG permiten, polo tanto, arrancar o proceso contra a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local.
A unanimidade do Pleno pide o indulto para os dous sindicalistas vigueses condenados
luns, 24 feb 2014Todos os grupos políticos se uniron hoxe para pedir ao Consello de Ministros que conceda o indulto a Carlos Rivas Martínez e Serafín Rodríguez Martínez, condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete durante a folga de transporte de 2008. A unanimidade do Pleno aprobou unha declaración institucional que constata a solidariedade de todos os grupos con estes traballadores.
O goberno de Vigo rebaixa a 24,35 días o prazo medio de pago a proveedores
luns, 24 feb 2014A tenente de alcalde, Camela Silva, deu conta do Pleno deste luns do informe de Tesourería correspondente ao cuarto trimestre do 2013, documento que fixa en 24,35 días de media o prazo de pago aos proveedores desde a presentación da factura. Na súa opinión, non hai concello en España que mellore o dato de Vigo e apuntou que o último dato mellora o do terceiro trimestre de 2013 que foi de 25,11 días.
Manifesto do Consello Municipal da Muller ante o 8 de marzo día internacional da Muller
luns, 24 feb 2014Na sesión plenaria celebrada hoxe luns, intervino Rosa Fontaiña en representación do Consello Municipal da Muller para dar lectura do manifesto do 8 de marzo Día Internacional das Mulleres que se celebrará baixo o lema " Pola defensa dos dereitos sexuais, reprodutivos e aborto". Entre outros aspectos o manifesto reivindica a retirada do anteproxecto de lei que "atenta contra os dereitos das mulleres, contra a nosa autonomía,contra a nosa liberdade, contra a nosa saúde, vida e dignidade"