Pleno da Corporación
O Concello rexeita "desmantelar" o 065 e pide á Xunta que deixe sen efecto o recorte
luns, 25 nov 2013O grupo municipal socialista presentou e aprobou, xunto ao BNG, unha moción na que insta ao goberno autonómico a deixar sen efecto o "desmantelamento" do 065 de transporte para persoas con problemas de mobilidade. O texto denuncia que o servizo deixaría de ser regular para converterse en puntual e introduciría o copagamento.
BNG e PSOE demandan ao FROB que paralice a decisión de vender Novagalicia Banco por ser unha entidade financeira sistémica
luns, 25 nov 2013Os votos de nacionalistas e socialistas aprobaron unha moción que reclama ao FROB paralizar a decisión de vender Novagalicia Banco por ser unha entidade financeira sistémica para Galicia. Así o acordaron durante a sesión plenaria desta mañá no debate dun texto nacionalista, que contou co voto contrario do PP, que tamén pide oporse ante o Goberno Central a calquera tentativa de venda a outra entidade que supoña a perda do seu vencello territorial con Galicia.
O Pleno acorda acometer a modificación da ordenanza do servizo dos autotaxis
luns, 25 nov 2013Todos os grupos coincidiron ao valorar a necesidade de renovar a ordenanza reguladora do servizo de autotaxis para a cidade de Vigo. O grupo socialista aceptou esta moción porque vai na liña na que xa está a traballar o Goberno local.
O goberno local abonou 153,1 millóns en pagos a proveedores, o 99,9% do importe facturado
luns, 28 out 2013Así o explicou este luns, en sesión plenaria, a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, no tocante á execución do orzamento do Concello correspondente ao terceiro trimestre de 2013. A edil indicou ademais que as obras e servizos iniciados ata o momento supón o 73,6% do total reservado para este ano.
O Concello pide a derrogación do copago dos fármacos dispensados nos hospitais
luns, 28 out 2013O Pleno da Corporación aprobou hoxe luns esta moción, presentada polo grupo socialista e apoiada polo nacionalista coa oposición do PP, rexeitando este novo copago e instando á Xunta de Galicia a solicitar ante o Ministerio a derrogación desta resolución.
O Pleno pide ao Concello que elimine o tráfico rodado e o estacionamento no monte do Castro
luns, 28 out 2013Cos votos do BNG e a abstención de populares e socialistas, a Corporación aprobou a proposta de suprimir o tráfico no Castro, salvo para o acceso ás vivendas e servizos municipais e para a entrada da fortaleza, con posibilidade de parar mais non de estacionar vehículos.
O Concello reclama que a Xunta asuma o incremento da taxa do lixo de SOGAMA
luns, 28 out 2013A Sociedade Galega de Medioambiente, dependente da Xunta de Galicia, incrementa para 2014 o canon aos municipios polo tratamento dos residuos, unha suba que en Vigo suporía máis de dous millóns de euros, 9 euros máis no recibo de cada familia. O Pleno, por unanimidade, pide ao goberno autonómico que asuma esta cantidade.
Todos os grupos se comprometen a abrir no 2014 a piscina e o campo de fútbol da ETEA
luns, 28 out 2013O Pleno do Concello comprometeuse por unanimidade a que ao longo de 2014 se abran ao público a piscina e o campo de fútbol da ETEA. A moción do PP aprobada na sesión plenaria desta mañá tamén insta a mudar a superficie dos terreos de xogo dos campos de fútbol de Samil e As Travesas.