As once bandeiras azuis xa ondean en Vigo, a cidade española con máis distincións

mércores, 2 xul 2014

A praia do Vao acolleu este mércores o acto de izado das nove bandeiras azuis que distinguen a calidade e os servizos das praias viguesas. O camiño do Lagares tamén recibiu este ano o sendeiro azul e o Museo do Mar, edificio azul, co que Vigo acada en 2014 once distincións, o maior número de recoñecementos colleitado polas grandes cidades de España, segundo apuntou o alcalde.

O alcalde saúda con satisfacción que a entrega das 9 bandeiras azuis sexa nas Illas Cíes

venres, 16 mai 2014

O alcalde comunicou na mañá deste venres que as Illas Cíes serán o escenario da entrega das 9 bandeiras azuis e a senda azul outorgadas a Vigo, a principios do mes de xuño. Ademáis, no areal de Rodas, se entregarán as bandeiras obtidas polas praias do resto de Galicia. En verbas de Caballero, "será unha grande homenaxe aos que contribuyen a manter as praias limpas, ás persoas que as disfrutan, e ás propias Illas Cíes", propostas a acadar o título de "Patrimonio Medioambiental da Humanidade".

Vigo revalida as nove bandeiras azuis e consolídase entre as cidades españolas con maior número de distincións

xoves, 15 mai 2014

O alcalde amosou hoxe xoves a súa satisfacción por conseguir todas as solicitadas na cidade e ser Vigo, xunto a Cartaxena, a cidade española con maior número de bandeiras azuis nas praias. O Concello de Vigo recibe tamén a distinción "Sendeiro Azul" para a senda do río Lagares. Caballero subliñou que "non é facil" obter este recoñecemento "nun ámbito municipal densamente industrial", como é Vigo.

Máis de 16.000 vigueses participaron nas actividades do Plan Saúde

mércores, 7 mai 2014

O Plan Saúde do Concello de Vigo contou con 16.161 usuarios desde a súa posta en marcha, o que supón, segundo explicou a concelleira de Sanidade e Medio Ambiente, Chus Lago, que máis dun 5% dos vigueses participou nalgunha das súas actividades. Unha das iniciativas que máis éxito ten é a formación sobre prevención cardiovascular e primeiros auxilios na que participaron 2.597 persoas.

Caballero anima a todo Vigo a participar o 18 de maio na Primeira Andaina Polos Montes de Vigo

xoves, 24 abr 2014

Tal e como explicou hoxe o rexedor, esta iniciativa permitirá aos vigueses achegarse a "ese gran descoñecido" que son os montes de Vigo. Acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, fixo un chamamento á participación nunha actividade complementaria ao exitoso proxecto Camiño a Camiño, que conta nestes momentos cunha participación de máis de 4.000 persoas.