venres, 7 xul 2017
O alcalde visitou este venres o centro municipal de coordinación de emerxencias, en Samil, un dos lugares onde os pais e nais poden recoller de balde algunha das máis de 2.500 pulseras das que dispón o Concello. Co nome e un teléfono, a pulseira permite identificar ao menor en caso de perderse e contactar cos seus maiores.
martes, 4 xul 2017
Abel Caballero participou este martes no izado das nove bandeiras azuis que ten Vigo nas praias, ás que se suman outros tres sendeiros azuis, cifras que converten á cidade olívica na urbe española con máis distincións azuis.
luns, 19 xuñ 2017
O alcalde anunciou este luns a filmación e emisión en directo da primeira posta do sol do verán sobre as Illas Cíes, este mércores 21 de xuño, coincidindo co solsticio de verán. Caballero enmarcou esta iniciativa nas accións de promoción do arquipélago vigués obxectivo Patrimonio da Humanidade.
xoves, 15 xuñ 2017
Abel Caballero saudou este xoves a parte do equipo humano que atenderá as necesidades cidadás en dez areais desde hoxe e ata o 15 de setembro e destacou o "servizo excepcional" que presta a Unidade de Costa e Praia da Policía Local.
martes, 13 xuñ 2017
Caballero informou hoxe martes do dispositivo que dispón o Concello nas praias desde o 15 de xuño ao 15 de setembro, composto por máis de 80 persoas para prestar os servizos de seguridade, vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria de primeiros auxilios.
venres, 2 xuñ 2017
O espazo estará aberto a todos os públicos simulando a realidade de diferentes hábitats e as solucións aos seus problemas ambientais. O alcalde achegouse á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente na praia de Samil, onde participaron 236 escolares vigueses nas actividades organizadas polo Concello.
luns, 22 mai 2017
Máis de mil usuarios formaron parte dos cursos de formación que oferta o Concello dentro do proxecto de hortas urbanas. Tal e como detallou o rexedor, na actualidade, hai 350 persoas traballando en calquera dos nove espazos de cultivo distribuídos por toda a cidade.
xoves, 18 mai 2017
Abel Caballero deu conta hoxe xoves da aprobación do expediente de contratación do servizo de mantemento dos oito cemiterios municipais. Cun orzamento de licitación de 923.913 euros, o contrato será por 3 anos.
venres, 12 mai 2017
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, explicou este venres que o percorrido é "ambicioso pero para todos os públicos", xa que está dividido en tramos con distinto nivel de dificultade. Para asegurar o seu correcto desenvolvemento, a IV Andaina polos Montes de Vigo, que terá lugar o 28 de maio, contará cun dispositivo de cen persoas.
mércores, 10 mai 2017
Caballero relacionou esta mañá estas distincións co fomento de turismo e amosou a súa satisfacción porque Vigo revalida os 12 recoñecementos medioambientais que obtivo o ano pasado. Un ano máis, as bandeiras azuis ondearán en 9 praias e 3 sendeiros da cidade.