Escoitar

A fin da prealerta por seca permitirá recuperar os baldeos na cidade cando deixe de chover

A fin da prealerta por seca permitirá recuperar os baldeos na cidade cando deixe de chover

xoves, 8 nov 2018
O volume de auga embalsado en Eiras era esta mañá do 74,77% e coas choivas que se esperan, a previsión indica que Eiras poderá acadar o 80% da súa capacidade de xeito inmediato, o máximo permitido nesta época do ano. Desde o pasado luns 5 de novembro, a auga embalsada pasou do 54,03% á porcentaxe máxima mentres que o ano pasado por estas datas "estabamos moi preocupados" co encoro ao 40,64%. O volume embalsado nestes momentos case supera a media dos últimos dez anos, insistiu, polo que queda sen efecto a prealerta por seca e recuperaranse os baldeos cando sexa preciso.

Por outra banda, o rexedor referiuse ao avance da redacción do convenio para facer o estudo que permita buscar solucións definitivas ao abastecemento de auga de Vigo e os outros nove municipios que reciben auga de Eiras e que totalizan medio millón de habitantes, 700.000 , se falamos de habitantes equivalentes incluíndo a industria. Este estudo, que se costeará a terzos entre Goberno de España, Xunta e Concello, incluirá os transvases de emerxencia que permitan garantir o subministro.