O Concello insta á Xunta a incrementar en 5 millóns de euros o orzamento do Consorcio do Casco Vello
Co fin de poder acelerar o seu labor de rehabilitación, considera Abel Caballero que o organismo precisa unha recapitalización dun mínimo de cinco millóns de euros. <br />
O alcalde explicou que o Consello de Administración do Consorcio do Casco Vello de Vigo aprobou na sesión deste xoves os expedientes de compra dun edificio situado no número 21 do Berbés así como os proxectos e o inicio dos expedientes de contratación doutros dous edificios en Berbés 41 e Abeleira Menéndez 16.
Reiterou o rexedor olívico que a cooperación do Concello co Consorcio "é total e absoluta" e apuntou a necesidade de que incremente o seu orzamento porque "non se pode ir a esta velocidade para rehabilitar o Casco Vello" e, por tanto, demanda que os Presupostos da Xunta de Galicia para 2019 recollan unha "recapitalización do Consorcio dun mínimo de 5 millóns de euros", engadindo que o Concello achegará a parte que lle corresponda.