Escoitar

Caballero ve "resolto" o problema da seca ao acadar Eiras o 71% de auga embalsada

As chuvias das últimas 48 horas elevaron o volume do encoro do 54 ao 71%, dato que se sitúa na media dos dez últimos anos nestas datas. Así, o alcalde indicou que "xa non estamos en prealerta de seca" ao ter solucionado o problema da auga "para moito tempo".

mércores, 7 nov 2018
A día de hoy, o principal encoro que abastece a Vigo e outros nove concellos da súa comarca atópase ao 71% da súa capacidade, na media dos dez últimos anos, segundo detallou o alcalde. Coas chuvias que se agardan para os próximos días, a previsión indica que Eiras pode acadar o 80% de cara á fin de semana, o máximo permitido nesta época do ano.

O pasado luns, Eiras marcaba un 54% de volume, mentres que o pasado ano por estas fecha a cantidade de auga apenas superaba o 40%, revelou Abel Caballero. Así, o alcalde valorou esta "boa nova" e informou do levantamento da situación de prealerta existente. Incidiu na adopción da "cultura" do consumo responsable de agua pese a que "xa non estamos en prealerta de seca", e temos "resolto o problema da auga en Vigo para moito tempo".