O Goberno de Vigo defende a celeridade do seu proxecto para a Biblioteca do Estado
O Concelleiro Carlos López Font criticou que a Xunta de Galicia propoña situala no actual edificio dos xulgados porque supoñería atrasala oito anos, ata que remate a construción da Cidade da Xustiza e se realice o traslado.