xoves, 8 nov 2018
O Concello aprobou as bases e a convocatoria do programa, que presenta un orzamento de 175.000 euros para incrementar ata cen o número de estadías subvencionadas no estranxeiro, segundo anunciou Abel Caballero. Ademais, o goberno vigués concede outras 750 prazas para alumnado de Secundaria.
xoves, 8 nov 2018
Abel Caballero informou este xoves en rolda de prensa das novas peticións chegadas ao Concello para a construción de cubertas para sete colexios de Vigo. O rexedor sinalou que está en marcha actualmente un investimento de case dous millóns e reclamou á Xunta que asuma as súas competencias para solucionar os problemas nos centros escolares.
xoves, 8 nov 2018
Os axentes locais de Vigo colaborarán coa Fiscalía de Medio Ambiente nunha rede que xa funciona a nivel nacional. Así o explicou esta mañá o rexedor logo de reunirse cos fiscais de Medio Ambiente de España e de Galicia, Antonio Vercher e Álvaro García.
xoves, 8 nov 2018
A fin da prealerta por seca permitirá recuperar os baldeos na cidade cando deixe de chover
xoves, 8 nov 2018
Durante a súa visita á sede viguesa da Fundación, Abel Caballero realizou unha chamada telefónica a un dos voluntarios do Banco para pedirlle a súa participación na gran recollida solidaria de alimentos, que se realizará o 30 de novembro e o 1 de decembro. O rexedor agradeceulle a súa boa disposición e animou á cidadanía a sumarse a esta campaña para a que se precisan 2.000 persoas. Amais, felicitou aos responsables do Banco de Alimentos polo labor que desenvolven axudando a preto de 25.000 cidadáns con dificultades.
xoves, 8 nov 2018
Co fin de poder acelerar o seu labor de rehabilitación, considera Abel Caballero que o organismo precisa unha recapitalización dun mínimo de cinco millóns de euros. <br />