venres, 19 xan 2018
Abel Caballero presentou unha campaña de recollida de sinaturas en apoio ao recoñecemento das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. A iniciativa, que arrancará este sábado ás 12,00 h na rúa Príncipe, desenvolverase durante toda a semana en dez puntos diferentes da cidade simultaneamente.
venres, 29 dec 2017
Abel Caballero achegou os datos das analíticas realizadas na rede nos últimos tres días que rexistran niveis de ferro por debaixo do máximo permitido e demandou a rectificación da Xunta de Galicia.
xoves, 28 dec 2017
Tras o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, poderase iniciar a construción dunha obra "imprescindible" para garantir o subministro de auga a Vigo e outros oito concellos da área metropolitana, apuntou Abel Caballero.
mércores, 13 dec 2017
Abel Caballero informou da situación de "normalidade" na presa de Eiras que se atopa hoxe ao 78,7% da súa capacidade e avanzou o contido da carta remitida ao presidente da Xunta instándoo a asumir as responsabilidades e competencias da Xunta na solución de emerxencia e na definitiva no servizo da auga en Vigo.
martes, 12 dec 2017
Novas análises realizadas esta mesma mañá, segundo informou Abel Caballero, ratifican que a auga é "potable ao 100%". Reitera o rexedor que a concesionaria efectúa analíticas cada catro horas e a auga cumpre con todos os parámetros de potabilidade.
luns, 11 dec 2017
O nivel da auga subiu nas últimas horas desde o 32,7% rexistrado o domingo. Con este dato de auga embalsada o alcalde dá por finalizada a situación de alerta por seca malia que "recomendamos consumo responsable".
venres, 1 dec 2017
Abel Caballero trasladou que desde este mesmo venres se vai establecer un caudal ecolóxico de 150 litros por segundo nos encoros de Vigo, unha cifra que garante subministro de auga para 75 días. O rexedor tamén anunciou o acordo coa Xunta no convenio para a execución de emerxencia do transvase desde o río Verdugo.
venres, 24 nov 2017
O Concello quere que se adopte a solución "máis rápida" das dúas alternativas propostas pola Xunta de Galicia hoxe para trasladar auga da conca á presa que abastece a Vigo e a súa área. Ademais a Xunta comprométese a reducir o caudal ecolóxico en canto realice os informes pertinentes.
luns, 20 nov 2017
O alcalde acudiu esta mañá a Augas de Galicia para trasladar o "gravísimo" problema que está a atravesar a área de Vigo con motivo da seca. Tal e como avanzou nunha rolda de prensa previa, a continuación, Caballero trasladará aos alcaldes dos municipios abastecidos desde Eiras as conclusións deste encontro.
venres, 17 nov 2017
Caballero transmitiulle ao goberno autonómico a súa preocupación pola escaseza de auga e criticou a súa "inactividade total que pode ter gravísimas consecuencias" na cidade. Demandou con urxencia a construción do azud e a rebaixa do caudal ecolóxico de Eiras.