venres, 5 out 2018
O alcalde eloxiou o comportamento da cidade na extinción dos fogos do pasado ano e indicou que este programa ofrece actividades "de diferente ámbito para manter viva a memoria". Caballero avogou por unha política forestal baseada no coidado do monte comunal, a creación dun anel verde e a limpeza dos terreos privados.
xoves, 4 out 2018
Centos de escolares participan hoxe e mañá nos talleres "Illas Cíes, Patrimonio da Ciencia", na Porta do Sol.
martes, 2 out 2018
O relatorio correrá a cargo de Fran Saborido, actual director do Instituto de Investigacións Mariñas, e Miguel Planas, científico titular del CSIC. Enmarcada dentro do ciclo de conferencias "Falamos das Illas Cíes", a charla terá lugar mañá 3 de outubro, no gastrobar de O Berbés.
venres, 28 set 2018
O Camiiño a Camiño comeza o próximo domingo 7 de outubro coa primeira das oito rutas programadas para os dous próximos meses. Unha vez máis, o Concello conta coa colaboración do grupo Vegalsa Eroski que achega 18.000 euros a esta iniciativa municipal que xa reúne a máis de 20.000 participantes.
mércores, 19 set 2018
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este mércores as novas actividades de concienciación medioambiental. O goberno vigués ofrece percorridos polas rutas do viño en A Estrada, O Rosal e a comarca do Ribeiro, sendeiros locais, formación e dúas saídas aos Ancares coa temática da contaminación alumínica e dos plásticos.
martes, 4 set 2018
A segunda conferencia do ciclo "Falemos das Illas Cíes" será este mércores ás 20:30 horas no gastrobar do Mercado do Berbés. A charla correrá a cargo de Luis Navarro, investigador da Universidade de Vigo e divulgador científico, fundador do portal "Divulgare".
venres, 10 ago 2018
A observación das Perseidas ten lugar este domingo, de 22:30 a 00:30h, en VigoZoo e correrá a cargo de monitores da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura. En paralelo, informou o alcalde, o goberno de Vigo programa a actuación da Orquestra Clásica de Vigo no Castro, o sábado ás 21:30h, interpretando "Os planetas" de Gustav Holst. A noite do sábado o Concello celebra a Noite Branca dos museos.
luns, 16 xul 2018
O alcalde reuniuse este luns cos científicos encargados dos relatorios. Este mércores ás 21 horas na Praza da Constitución comezan as xornadas divulgativas coa proxección dun documental sobre os fondos mariños das Illas Cíes, con bloques sobre a maragota, os tiburóns e as centolas.
luns, 25 xuñ 2018
Abel Caballero foi o encargado de izar este luns a Bandeira Azul da praia de Argazada nun acto que contou coa presencia de parte do dispositivo de salvamento, socorrismo e Policía Local despregado durante os meses de verán nos areais vigueses. O Concello de Vigo xa ten en marcha este servizo nas praias con 26 socorristas e 10 axentes.
venres, 22 xuñ 2018
Na inauguración do I Congreso "Cíes Patrimonio" o alcalde destacou o apoio social e científico do que goza a candidatura, "esenciais para que logremos a máxima protección". Un dos poñentes, o experto Jorge Cortés, valorou o "rigor científico" do proxecto impulsado por Vigo e mostrouse seguro do seu éxito. <br />