O goberno municipal e Eroski cooperan no "Camiño a Camiño" 2019
O alcalde e o director xeral de Vego Supermercados, Joaquín González Iglesias, asinaron este xoves o convenio de colaboración para realizar as actividades do programa "Camiño a Camiño" cun importe de 15.000 euros.
Abel Caballero puxo en valor o convenio rubricado esta mañá por ser un "modelo de cooperación desde o público, o Concello de Vigo, e unha institución que é unha gran cadea de supermercados que cooperan activamente en alimentación e vida saudable".
O programa Camiño a Camiño 2019 inclúe a realización de actividades de sensibilización e educación ambiental, como camiñatas, formación, voluntariado e rutas que se desenvolven desde mediados de outubro e ata finais de ano e que recibirán o apoio do grupo Vegalsa Eroski cun importe de 15.000 euros. O rexedor e Joaquín González Iglesias, director xeral de Vego Supermercados, asinaron hoxe o acordo.
Descargar todas as imaxes