Escoitar

Caballero, comuneiros e escolares plantan castiñeiros como símbolo contra os incendios

Un castiñeiro plantouse no Colexio Sobreira de Valadares co motivo do segundo aniversario dos incendios forestais que afectaron a Vigo en outubro de 2017. O alcalde informou de que a vindeira semana comezará a funcionar o servizo de información por satélite para comprobar o estado das fincas.

martes, 15 out 2019
1571144722151019Sobreira.jpeg
A transmisión do coidado polo medio ambiente de comuneiros aos seus netos quedou plasmada de forma simbólica este martes coa plantación dunha castiñeira en varios colexios de Vigo, entre eles o CEIP Sobreira-Valadares, o Josefa Alonso de Matamá, no Divino Salvador de Coruxo e no Párroco Don Camilo de Comesaña, parroquias nas que máis afectaron os graves incendios forestais de outubro de 2017.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou no acto celebrado en Valadares xunto aos comuneiros de montes, profesores e preto de 200 escolares do CEIP Sobreira. No patio do centro, quedou plantado un castiñeiro como símbolo dos lumes sufridos hai dous anos.

O rexedor informou en rolda de prensa de que en 2019 se plantarán 3.000 árboles, de eles 1.500 castiñeiras e carballos nos parques forestais e contornas de Comesaña, Matamá, Coruxo, Zamáns e Valadares.

Adeamis, Caballero indicou que o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Vigo está aprobada inicialmente. O documento delimita a rede de faixas secundarias, que son competencia municipal, onde é obrigatoria a xestión da biomasa forestal co obxectivo de evitar o crecente riso de incendio.

De forma paralela, a semana que ven comezará o servizo de inspección aéreo por satélite para comprobar o estado das fincas.
Descargar todas as imaxes