xoves, 17 outubro 2019

O goberno de Vigo licita a produción das carrozas municipais da cabalgata de reis

xoves, 17 out 2019

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación para o deseño e produción das cinco carrozas municipais da Cabalgata de Reis, que versará sobre personaxes e animais de contos e historias da infancia. Ademais, o alcalde informou da aprobación das bases do concurso "Vente cos Reis Magos" para seleccionar os 40 nenos que irás nas carrozas.

O Concello de Vigo súmase á loita contra o cancro de mama

xoves, 17 out 2019

O alcalde de Vigo sumouse este xoves aos actos da Asociación Española contra o Cancro en Vigo para visualizar o apoio ás vítimas e as súas familias. O colectivo instalou unha mesa informativa no Farol de Urzaiz e organizou diferentes iniciativas. Ademais, o Concello xa ten instalados dous colectores rosas na Porta do Sol para reciclaxe de vidro.