O goberno municipal dedica 2,1 millóns de euros á formación para o emprego
A Xunta de Goberno aprobou a contratación do programa "Vigo pola inserción laboral" co que poderán formarse 315 persoas. Ademais, o Concello outorgou subvencións por valor de 348.000 euros a 39 entidades.
Abel Caballero deu conta este xoves do acordo da Xunta de Goberno Local para aprobar o expediente de contratación por procedemento aberto dos servizos de formación do programa "Vigo pola inserción laboral" por un importe de 2.122.000 euros, que financia o Fondo Social Europeo nun 80% e o Concello nun 20%.
Tal e como explicou o rexedor, o Concello impartirá 8 itinerarios formativos distribuídos en 21 edicións de 15 participantes. O programa está dirixido e persoas desempregadas empadroadas en Vigo e con el poderán formarse 315 persoas. A previsión é que comece a desenvolverse en xaneiro de 2020.
Rúa Cantabria
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a adxudicación da contratación das obras do proxecto de construción de beirarrúas da rúa Cantabria que terán un ancho de un metro e medio e que teñen un importe de 51.000 euros.
Axudas ao asociacionismo
Así mesmo, na sesión deste xoves quedaron aprobadas as subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá do ano 2019 que teñen un importe total de 348.000 euros e das que se benefician 39 entidades. O goberno local coopera deste xeito coas asociacións nos seus gastos de mantemento, equipamento, obras e adquisición de inmobles. Amais, o goberno municipal contribúe ao financiamento doutras actividades que organizan estas entidades viguesas.