O Concello prevé un orzamento de 267,7 millóns de euros para 2020
Abel Caballero informou este mércores da tramitación dos Orzamentos Municipais de 2020 que, segundo as súas previsións, serán aprobados de forma definitiva o 23 de decembro.
Abel Caballero informou este mércores da tramitación dos Orzamentos Municipais de 2020 que, segundo as súas previsións, serán aprobados de forma definitiva o 23 de decembro.
O Festival de Rock Concello de Vigo celébrase este sábado, desde as 20h, no IFEVI, coas actuacións de Sober, Ñu, O’Funkillo, Motores e Quarzum. Ao finalizar, o público contará cun autobús lanzadeira ata o centro, cuxo billete pode ser comprado con antelación, xunto coa entrada ao festival. Co código da PassVigo se bonifica o importe do bus. Trátase dunha proba piloto de cara a empregar a tarxeta cidadá para as viaxes con desconto no bus turístico no Nadal vigués.
O Concello renovará as butacas durante o verán para non causar molestias aos afeccionados durante esta temporada. Estes traballos serán incluídos dentro da licitación das obras de Marcador, que sairán a licitación "de xeito inmediato".
O goberno local adicará 650.000 euros a obras de conservación e reforzo de muros e noiros de titularidade municipal. Neste mo.mento, hai detectados dezaoito actuacións prioritarias en distintas parrorquias da cidade.
Por cuarto ano consecutivo, o Concello impulsa esta campaña, organizada con motivo do Día mundial do cancro de mama, e desde este xoves instalará na Porta do Sol dous contedores rosas durante dúas semanas. O vidro reciclado nestes "iglús" transformarase nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra de solidariedade contra o cancro.
"Bicos e non balas", editado por Galaxia, é o novo libro do autor vigués Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil en 2017, e conta coas ilustracións de Bea Gregores. O Concello de Vigo anunciou que repartirá 1.000 exemplares do novo poemario en todos os centros escolares da cidade.