Escoitar

A Biblioteca Neira Vilas presta unha atención especial aos lectores no Día das Escritoras

Baixo o lema "Mulleres, amor e liberdade" a biblioteca homenaxe ás mulleres escritoras nesta xornada entregando flores e citas literarias cos libros prestados.

luns, 14 out 2019
A Biblioteca Municipal Neira Vilas celebra hoxe o Día das Escritoras prestando unha "atención especial" aos usuarios que soliciten o empréstito de libros asinados por mulleres: todas as persoas que leven un recibirán flores e unha cita literaria dalgunha das autoras homenaxeadas nesta xornada.

A Neira Vilas súmase con estas accións á cuarta edición dp Día das Escritores que convoca a Biblioteca Nacional baixo o lema "Mulleres, amor e liberdade". Ademais, mañá martes o equipo de voluntariado do Concello realizará una nova sesión de "Pasen e lean" con lecturas públicas de textos de María do Carme Kruckemberg.