O Concello abre este venres o macroparque infantil de Jenaro de la Fuente
Tal e como recordou Abel Caballero, desde as 18h deste venres será utilizable este novo espazo de 1.500 metros cadrados, ao carón do instituto do Calvario, tras un investimento de 440.000 euros. Está configurado en dúas alturas, cunha mega estrutura de aeronave espacial.
O Concello de Vigo pon a disposición dos usuarios o parque infantil de Jenaro de la Fuente, desde este venres ás 18:00 horas, logo dun investimento de 440.000 euros na súa reforma e ampliación.
O espazo conta con 1.500 m² e ten dúas alturas: a zona superior con xogos para nenos máis pequenos e a inferior, para os maiores. O parque dispón dunha mega estrutura de aeronave espacial con dous tobogáns e trepas, unha "tirolina" de 25 metros, paneis de xogos, columpios, xogo xiratorio, trepas tridimensionais, "rocódromo" xigante, xogos de equilibrio, paneis de texturas, montaña máxica e camas saltadoras.
O parque está dotado de xogos inclusivos, dous bebedeiros, papeleiras e novo arborado. O solo é de caucho amortecido de cores e temática espacial, ten nova iluminación LED e murais a cargo da artista viguesa Iria Blanco. Conta tamén cunha zona de estar con cargador solar para móbiles e mesa en materiais reciclados.