Máis de cen especialistas internacionais reúnense en Vigo para celebrar o XIV Congreso de Estatística
O evento, que apoia o Concello, celébrase do 24 ao 26 de outubro
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións ( SGAPEIO) organiza do 24 ao 26 de outubro o XIV Congreso de Estatística e Investigación de Operacións. A cita será os próximos días 24, 25 e 26 de outubro na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Os organizadores, Javier Roca e Antonio Vaamonde, presentaron esta mañá o evento xunto ao alcalde e destacaron que nestes momentos xa hai rexistradas 114 persoas e que, aínda que é un congreso autonómico, tamén acudirán relatores da Universidade Nacional de San Agustín (Perú), das universidades de Aveiro, Évora e Lisboa, e das universidades de Xénova e de Utrecht.
A finalidade deste congreso, apuntou Vaamonde, é a "divulgación das innovacións da estatística, que é unha ferramenta esencial para coñecer a variabilidade deste mundo incerto en que vivimos e promover o uso correcto da estatística en todos os ámbitos".
Descargar todas as imaxes