Escoitar

O goberno de Vigo adxudica os once quioscos de praia para a temporada de verán

A sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves a autorización municipal para os quioscos de verán nas praias. En total, serán once quioscos en seis areais da cidade.

xoves, 30 mai 2019
O Concello de Vigo aprobou este xoves a adxudicación definitiva para a ocupación, instalación e explotación dos quioscos de temporada nas praias deste verán, segundo informou o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia en rolda de prensa.

A Xunta de Goberno Local outorga así a autorización municipal para a instalación de once postos: un na praia da Punta, en Argazada e no areal da ETEA, dous quioscos en Tombo do Gato, en Santa Baia e no Vao, e tres en Samil.

Paneis parques
Ademais, o alcalde informou de que co gallo do Día do Medio Ambiente, a celebrar o vindeiro 5 de xuño, o Concello instalará tres paneis informativos sobre a presenza de anfibios nos parques do Castro, A Bouza e Castrelos.