xoves, 30 maio 2019

A Xunta de Voceiros da FEMP aproba a súa axenda internacional

xoves, 30 mai 2019

Abel Caballero presidiu esta mañá por videoconferencia a Xunta de Voceiros da FEMP, unha reunión de "carácter máis rutineiro" ao estar en funcións todos os alcaldes e alcaldesas de España, polo que adían as decisións máis importantes para cando estean constituídas as novas corporacións. O presidente da FEMP explicou que quedou aprobada a axenda internacional da entidade "moi singular e importante" e quedou constancia de que a Xunta de Contratación ten "cada vez máis concellos adheridos e é un sistema que está funcionando ben", recalcou.

O rexedor eloxia o labor da Policía Nacional a prol da igualdade de homes e mulleres

xoves, 30 mai 2019

Abel Caballero visitou este xoves no Tinglado do Porto a exposición conmemorativa do 40 aniversario da incorporación da muller á Policía Nacional, que permanecerá aberta durante unha semana. Vigo é a única cidade galega na que poderá visitarse a mostra, un aspecto que agradeceu o rexedor ao tempo que puxo en valor a traxectoria da Policía que "soubo camiñar cos tempos" e traballar en favor da igualdade laboral entre homes e mulleres.