Caballero anima a ler aos escolares de Teis participantes no proxecto "Apadriñamento lector"
Abel Caballero achegouse este xoves ata o CEIP San Salvador de Teis, onde comezou unha proposta na que alumnado do IES de Teis fan lecturas teatralizadas aos escolares do colexio, co acto central no parque da Riouxa.
O alcalde en funcións eloxiou a proposta e animou aos escolares á lectura e tamén a probar o exercicio da escritura. No CEIP San Salvador de Teis, decenas de alumnos participaron na presentación do "Apadriñamento lector".
Por terceiro ano, o alumnado do IES de Teis leva adiante este proxecto no colexio San Salvador, con lecturas teatralizadas para case que un cento de nenos e nenas de Infantil e Primaria. As lecturas teñen lugar no parque da Riouxa con contos en galego, castelán e inglés, e tamén algúns en linguaxe de signos.
Descargar todas as imaxes