Escoitar

Obradoiro de orquídeas no Vigo Zoo

As instalacións do orquidiario de Vigo Zoo acollerán este sábado 17 de novembro un obradoiro sobre orquídeas. O taller , cunha duración dunha hora, comezará ás 11:15 h ,e un segundo grupo as 12.15. As persoas interesadas deberán anotarse chamando ó 986 267783

mércores, 14 nov 2018
1542201582orquidia.jpg
No obradoiro explicarase cómo regar, aboar e trasplantar e cómo tratar para que volvan a florecer. Ademais realizarase unha montaxe da pranta sobre un tronco de cortiza con brión e quedan como no seu hábitat natural.
Descargar todas as imaxes