Este novo calendario pretende converter a Vigo nun referente no ámbito nacional coa celebración de grandes concertos e cunha planificación de ocio e entretemento en varios espazos da cidade de xeito simultáneo

Vigo contará cunha Semana Grande de festas do 4 ao 15 de agosto<br />

xoves, 10 xul 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, o concelleiro de Cultura, Xesús López, e o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, presentaron a programación das Festa de Verán Vigo 2008, que se elaborou, segundo explicou o tenente de alcalde, baixo dous eixos fundamentais: converter a Vigo nunha cidade referente na celebración de grandes concertos e programar unha Semana Grande de festas cun amplo abano na oferta cultural e de entretemento, "para que os vigueses e viguesas sinta que realmente están en festas".

O XII Festival dos Reencontros celébrase o venres no Auditorio Municipal

venres, 4 abr 2008

O Auditorio Municipal o venres o escenario no que se celebre, a partir das 20.30 horas, a duodécima edición do Festival dos Reencontros, organizado pola Escola Municipal de Danza e Percusión do Concello de Vigo. Trátase dun certame que amosa o folclore galego non só realizado na escola municipal, senón tamén noutras entidades da cidade e que contará coa actuación dos grupos "Os Chouteiros", "Os Atagallos", "Airiños do Parque de Castrelos", "Os Petiscos", "Sangaño" e a banda de gaitas "San Vicente de Barrantes", de Tomiño.

Unha fin de semana para celebrar a Reconquista

xoves, 27 mar 2008

A celebración da Reconquista da Vila de Vigo, coa que se conmemora a reconquista de Vigo ás tropas napoleónicas o 28 de marzo de 1809, ten lugar durante esta fin de semana cunha serie de festexos e actividades para promover entre os vigueses os valores de entrega e amor pola súa cidade que motivaron este acontecemento histórico.

A programación da Reconquista abrirase o vindeiro luns cunha conferencia do historiador Bieito Alonso

luns, 3 mar 2008

As actividades programadas para conmemorar a Reconquista de Vigo neste 2008 comezarán o vindeiro luns, 10 de marzo, cunha conferencia a cargo do historiador Bieito Alonso, segundo anunciou este luns o presidente da Asociación de Veciños do Casco Vello, Henrique Macías, tras asinar co tenente de alcalde, Santi Domínguez, un convenio para potenciar a organización da festa.

O Concello abre o prazo de inscrición para o concurso-exposición da Camelia, que se celebrará o 1 e 2 de marzo

venres, 8 feb 2008

As persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición para participar no concurso-exposición da Camelia, que terá lugar os días 1 e 2 de marzo nas instalacións da Zona Franca no Peirao de Bouzas, segundo anunciou este venres o concelleiro de Cultura, Xesús López. Nesta ocasión, un total de dez modalidades son as que integran o concurso, aínda que a mesma persoa non poderá participar en máis de dúas, co obxectivo de que os premios sexan distribuídos entre o maior número posíbel de concursantes.

O concurso de coplas celebrarase nunha quenda única e por orde de inscrición o venres 1 de febreiro

mércores, 30 xan 2008

O concurso de coplas do Entroido 2008 celebrarase, finalmente, o venres 1 de febreiro, por orde de inscrición das cinco agrupacións que solicitaron a súa participación no desfile. Deste xeito, e se non hai cambios, o primeiro grupo en saír ao escenario da praza da Constitución, ás 19.00 horas, será o denominado "Nin chica de jasto", de Moaña; os seguintes serán "Cantareiras Bouzacoba", de Vigo; "Foche á Bodeja", tamén de Moaña, e "As Marujas do Berbés", da nosa cidade. Pechará o desfile "Animodo de Domaio", desta localidade do Morrazo.

Programación do Entroido 2008

mércores, 23 xan 2008

Os premios para os participantes e os percorridos do desfile do concurso de comparsas e carrozas e do enterro do Meco conforman as principais novidades da programación do Entroido de Vigo 2008, que se desenvolverá do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro.