Escoitar

50 alumnos da Escola Municipal de Danza participarán o martes no XI Festival "Na punta do pé"

A Escola Municipal de Danza organiza o próximo martes, día 27, o XI Festival "Na punta do pé" no que participarán 50 alumnos e alumnas da escola de idades comprendidas entre os 4 a os 16 anos que estarán acompañadaos polo grupo de gaitas "Airiños do Parque de Castrelos"; tamén contarase coa presencia do grupo Galianda, a sección acústica de Alvaro Costas& Hotband. O Festival terá lugar no auditorio de Caixanova a partir das 20 horas, con entrada gratuíta.

venres, 23 xan 2009
1232709540napuntadope.jpg
Este Festival se ven realizando nos últimos dez anos, co obxectivo de proporcionar aos alumnos un espacio de actuación con outras características escénicas ás que poden encontrar no seu espacio habitual de ensaio. Este é ademáis un momento de máxima expectación no seu proceso de aprendizaxe, xa que durante a actuación mostran ao público asistente os seus avances e progresos, froito de moitas horas de traballo e esforzo. Moitos deles, actuarán por primeira vez nun esceario. Para esta ocasión, irán atabiados coas mellores galas.

PROGRAMA

1.- GRUPO "OS CHOUTEIROS": alumnos/as de 8-12 anos.
 Xota
 Pandeiro

2.- GRUPO de alumnos de 4-5 anos.
 Puntos de Muiñeira

3.- GRUPO "GALIANDA", SECCIÓN ACÚSTICA DE ALVARO COSTAS&HOTBAND

4.- GRUPO "ALBORADA ": alumnos/as de 8-12 anos.
 Patelas
 Ribeirana

5.- Grupo de Percusión "ATAGALLOS".
 Xota
 Vals

6.- Grupo "XEIXOLAS": alumnos de 13 a 15 anos.
 Muiñeira Redondela
 Pandeiro Vello
Descargar todas as imaxes