Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Santa Cristina

<br />

venres, 23 xan 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a
realizar pola empresa Construccións Oresa, estará pechada ao tráfico a rúa Santa Cristina, treito entre Curros e Ramón Nieto, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 28 de xaneiro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Mentres dure a obra establécese sentido único de circulación na rúa Curros, treito entre Sta Cristina
e Bxada ao Capitán, cara á bxada ao Capitán.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.