Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 22 xan 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 23 DE XANEIRO DE 2009.


1.- Actas das sesións ordinaria e extraordinaria e urxente do 15.12.08, extraordinarias e urxentes do 17 e do 19.12.08, ordinaria e extraordinaria e urxente do 22.12.08.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do servizo de axuda no fogar: alta expte. 23/2298.

CULTURA
3.- Fixación do prezo de venda ao público do libro da exposición "Marcas de Luz" e autorización de venda nas dependencias culturais municipais axeitadas. Expte. 180/338.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
4.- Iniciar expediente administrativo de declaración de caducidade da concesión outorgada a Conycase S.L. Expte. 17739/240.

5.- Revisión do prezo do contrato do servizo de ampliación, substitución, mantemento, conservación, subministración, instalación e explotación das instalacións da rede semafórica. Expte. 18503/240.

RECURSOS HUMANOS
6.- Aboamento de complemento de produtividade a D. Ramón Vázquez Martínez (xuño-setembro 2008). Expte. 11266/331.

7.- Complemento de producitividade por conducir un vehículo municipal sen ser oficial do persoal do Servizo de Desinfección correspondente ao 3º trimestre 2008. Expte. 18679/220.

8.- Solicitude de aboamento de productividade ao capataz de mantemento do departamento de Cultura. Expte. 11352/331.

9.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 23 de xaneiro de 2009, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 21 de xaneiro de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,



Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.